INTRODUCIÓN PROXECTO SAN XOÁN

O noso proxecto trata sobre a festiviLes_Falles_d'Isil_-_Sant_Joan_2008dade do San Xoán. Esta é unha festa de gran relevancia na nosa terra, pois está moi ligada ás tradicións populares que forman parte da nosa cultura.

Eliximos este tema co obxectivo de achegar aos nenos e nenas a súa cultura e tradicións máis próximas por medio dun tema de interese para eles e elas, como é a fantasía. Isto conseguímolo grazas a que as tradicións galegas están moi ligadas a lendas fantásticas que suscitan tanto interese nos pequenos que ata se fixeron unha serie de películas e libros en relación a estes temas infantís. Isto levounos a escoller un filme como forma de inicio do proxecto, co obxectivo de espertar o interese e a curiosidade dos nenos e nenas, impulsando o grao de implicación destes neste tema.

Polo tanto, como na nosa infancia desfrutamos moito da película e temos un bo recordo dela, pareceunos axeitada a escolla da longametraxe “O soño dunha noite de San Xoán”. Ademais, consideramos que actualmente os nenos e nenas están expostas a unha cantidade inxente de programas en castelán, o que implica que pouco a pouco se estea a perder o uso da nosa lingua. Por isto, gustaríanos que descubrisen tamén o cine en galego, adquirindo o gusto por el e fomentando o interese na nosa fala a través dunha actividade que ten moita repercusión neles.

Así mesmo, a través deste proxecto buscamos que o alumnado traballe as distintas áreas do currículo por medio dun tema atractivo para o alumnado que lle faga estar motivado durante o proceso de aprendizaxe.

Finalmente, tamén pretendemos facer un achegamento ás TIC, co que adquiran coñecementos sobre a manipulación das mesmas e aprendendo a darlles un bo uso.

Adxuntamos aquí o enlace da película, mais no proxecto empregaríamos o DVD orixinal, xa que o enlace está dispoñible unicamente en castelán e, como xa dixemos anteriormente, un dos nosos obxectivos é a potenciación da lingua galega.

Enlace: http://www.locopelis.com/pelicula/3626/el-sueno-de-una-noche-de-san-juan.html

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta