Inicio do proxecto

Para a realización deste proxecto, presentóusenos o programa Ardora, grazas ao cal podemos facer distintas actividades para que nenos e nenas poidan introducirse de xeito lúdico na aprendizaxe a través das TIC.

Unha vez presentado o programa, comezamos a manipulalo, intentando preparar distintas actividades a través del, como sopas de letras, puzzles, etc. Aquí presentáronsenos unha serie de problemas, xa que moitas veces estabamos un pouco perdidas co funcionamento de Ardora e non sabíamos como preparar determinadas actividades. A estes problemas, sumóusenos o feito de que cando xa levábamos unha serie de tarefas feitas, tivemos que reformulalas, xa que o mestre nos indicou que tiñamos que tratar unha serie de aspectos das tres áreas curriculares. Mais, pouco a pouco, grazas ao traballo e a imaxinación, conseguimos avanzar e preparar unha serie de actividades en Ardora, traballando diversos aspectos curriculares a raíz do tema do San Xoán e da película da que parte o proxecto.

Así mesmo, ao longo do proxecto, decidimos empregar outras ferramentas a parte de Ardora co obxectivo de cubrir as diversas áreas curriculares, a raíz de distintos programas, facendo ao alumnado máis competente no referido ao uso das TIC.

Deixamos aquí un link para acceder á descarga do programa Ardora: http://webardora.net/descarga_cas.htm

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta