Actividades Ardora

Como xa comentamos na entrada anterior, Ardora foi unha ferramenta moi útil para este proxecto. Sen embargo, ocasionounos unha serie de problemas que tivemos que resolver coa axuda do profesor, así como pola nosa propia conta.

Mais, con práctica e moito esforzo, acabamos familiarizándonos coa aplicación, pero aínda así, encontrámonos cunha serie de dificultades específicas:

En primeiro lugar, na actividade da sopa de letras, as imaxes e os sons que insertabamos non aparecían unha vez que pulsábamos na opción de vista previa. Non comprendíamos a razón, pois aparentemente as imaxes e os audios estaban no formato axeitado, sen fallos de ningún tipo. Tras moito indagar decidimos consultalo co profesor, e démonos de conta que non tiñamos activada a opción de imaxes e sons.

Sin título

 

En segundo lugar, na actividade do puzzle, a imaxe non se desordenaba unha vez que pulsábamos en vista previa, pero o certo é que só nos ocorría no ordenador da clase, nos nosos portátiles non tiñamos ese problema.

En relación a iso, tivemos certa dificultade á hora de descargar ardora nun dos nosos ordenadores. Máis tarde soubemos que se trataba dun problema na configuración do ordenador pois as maiúsculas, acentos e espazos, entorpecen a apertura das actividades, polo que tivemos que crear unha carpeta específica no ordenador, na que non se atopasen eses elementos. Ademais,  o outro ordenador co que contabamos tivemos que envialo a amañar xa que tiña moitos virus que non nos permitían traballar.

Por outra banda, para insertar audios nas actividades, empregamos a gravadora dun dos nosos móbiles. O problema estaba en que o formato non se correspondía co que permitían en ardora, polo que tivemos que buscar un conversor de audios online que permitía cambiar o formato de mp4 a mp3. Así mesmo, tamén botamos man de youtube, e a estratexia a empregar foi similar: tivemos que buscar un convertidor de youtube online, para converter os videos en formato mp3. Aquí deixamos os enlaces destes:

http://online-audio-converter.com/es/

http://www.youtube-mp3.org/es

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta