Moviemaker

Nun momento determinado do proxecto presentóusenos o seguinte problema: Como traballaremos a psicomotricidade nun proxecto baseado no uso das TIC? Pois tras pensar en diferentes alternativas, pareceunos boa idea empregar a ferramenta Moviemaker co obxectivo final de facer un videoclip coas nenas e nenos da aula.

Para presentar a actividade, decidimos facer un vídeo para amosar como quedaría finalmente o videoclip. Para isto, descargamos un vídeo de Youtube no que saen unhas nenas de infantil bailando hip hop e o inserimos en Moviemaker. A idea posterior era a de cambiar a música que tiña o vídeo de fondo pola canción dos trasnos que sae no filme O soño dunha noite de San Xoán , o cal nos presentou un pequeno problema, xa que tivemos que investigar e probar distintas cousas co obxectivo de conseguilo. Finalmente, atopamos unha opción que permitía inserir unha canción e, posteriormente, outra grazas á cal podíamos reducir o son do vídeo e aumentar o son da canción, de forma que ao final visualizábamos ás nenas bailando ao son do rap dos trasnos.

Así pois, no noso proxecto presentaríamos este vídeo e, despois, prepararíamos un baile co alumnado para gravalo bailando e, finalmente, a través de Moviemaker superpoñeríamos a cancións dos trasnos coa axuda dos nenos e nenas na aula.

Aquí deixamos o enlace do vídeo de Youtube que empregamos para facer o vídeo e o audio da canción que puxemos de fondo:

Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=IEFWUidpiTs

Audio (canción película):

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta