Storybird

Como xa comentamos noutras entradas, ardora serviunos de gran utilidade para traballar a temática do noso proxecto. Unha das actividades máis destacables é a do álbum na que os nenos deben unir o nome das flores de San Xoán coas súas respectivas imaxes.

Sin título

Pola contra, ardora non foi o único recurso que empregamos. Cabe destacar storybird, unha aplicación que permite crear os teus propios contos dunha forma dinámica e sinxela.

Cremos que storybird é unha gran ferramenta en educación infantil, non só para crear contos para os nenos, senón para darlles a oportunidade a eles mesmos de que dean forma as súas propias historias e fantasías. O único inconvinte que atopamos é o feito de que as imaxes son predeterminadas pola propia aplicación impedindo subir as túas imaxes ou debuxos persoais.

Mediante o uso desta, creamos un conto para os nenos coa temática do proxecto, e a vez, elaboramos unha actividade na que entre todos, creamos outra historia relacionada de novo coa temática do traballo, pero nesta ocasión outorgándolle aos nenos a potestade de decidir como elaborar e organizar o seu conto.

Aquí deixamos o enlace para acceder a aplicación así como un tutorial no que se explica detalladamente a súa utilización:

https://storybird.com

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta