Co obxectivo de abordar a plástica, queríamos empregar un novo recurso que lles permitise aos nenos e nenas facer un debuxo sobre o que fan coa súa familia en San Xoán, tratando así simultaneamente o tema da familia.
Nun primeiro momento, pensamos en empregar Paint, mais non nos convencía a idea, así que buscamos outros programas, ata que dimos con Autodraw, unha ferramenta que permite que debuxes o que queiras e detecta o que fas para que podas seleccionar os debuxos que ofrecen por seren similares ao teu. Deste xeito, se os nenos e nenas non son capaces de obter o resultado esperado, poden seleccionar un debuxo xa feito que represente o obxecto que querían reflexar.
Fixemos un exemplo de como podería quedar un debuxo feito polos nenos e nenas mediante este programa; aquí deixamos unha foto:
Así mesmo, tamén deixamos dous enlaces, un que leva ao propio programa e outro que amosa a explicación de como funciona.
Autodraw: https://www.autodraw.com/
Explicación: https://aiexperiments.withgoogle.com/autodraw