Conclusións finais

Case no remate do proxecto, presentóusenos unha dificultade máis. Para cumprir os requisitos da guía establecida polos mestres, tiñamos que elaborar unha actividade que traballase o control postural dos nenos e nenas.

Desta forma, ocorréusenos traballala elaborando un serie de viñetas nas que se representase o salto a unha fogueira, para así abordar a actividade relacionándoa cunha característica fundamental do noso proxecto. Así mesmo, esta actividade permite traballar ao mesmo tempo a memoria, non só á hora de ordenar as secuencias, senón tamén á hora de recordar os pasos xa que unha vez realizada a actividade en ardora, executarían a secuencia na aula, imitando o salto a unha fogueira.

Sen embargo, a pesares de que a idea era boa non sabíamos como levala a cabo nin como executala, polo que consultamos ao mestre que nos recomendou facela con ardora, no apartado de ordenar imaxes. Así, buscamos na rede unha serie de secuencias de salto de valla, recortámolas con paint e incluímolas na actividade.

blog

Como conclusión final do proxecto, cabe destacar que as TIC son unha ferramenta de gran utilidade en educación infantil.

Mediante a realización de diferentes recursos dixitais, elaboramos un proxecto dinámico, sinxelo e innovador, que permite aos nenos traballar activa e autonomamente, favorecendo o desenvolvemento dunha actitude positiva cara o manexo das TIC.

Polo tanto, debido a gran repercusión que posúen as tecnoloxías da información e a comunicación actualmente na nosa sociedade, consideramos de vital importancia que se introduzan xa desde os primeiros anos da educación infantil, pois axudarán aos nenos e nenas a familiarizarse con elas e a avanzar con maior rapidez no progreso da sociedade.

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta